En canto ao meu propio confinamento:
A miña vida cambiou por completo ao adaptarse ás novas condicións.
- O principal, sen dúbida foi un descontrol nos horarios, que de ter unha rutina para ir a clase e deitarme a unha hora prudente para non ter problemas ao levantareme, pasei en este aspecto á mentalidade de "fin de semana", é dicir, levántome cando desperto e deitome cando teño sono.
- Durante o día, a maioría do tempo emprégoo en ver series que tiña atrasadas, temporadas novas que acaban de sair, películas que me recomendan...
Pero ao mesmo tempo, trato de rematar todas as tarefas que chegan o antes posible, para evitar correr o risco de olvidarme ou de entregala fóra de plazo.
- Na casa, como tanto miña nai como meu pai traballan, pois trato de axudar no que poido, ben sexa na limpeza, en ir a mercar cando eles non poden... Para esto tamén está miña irmá na casa, pero como está estudando para as oposicións de mestra de infantil, e ainda non se sabe con certeza si se van facer este ano ou non, pois trato de interrumpila o menos posilble con cousa que poido facer por min mesmo.
- En canto á actividade física, evidentemente, reduciuse dunha forma moi importante, pois de estar toda a semana facendo multitude de actividades na clase, e entrenando no meu clube de tiro, pasei a realizar algúns exercicios técnicos de Tiro con Arco con gomas, para non perder a memoria muscular, posto que estamos en plena liga de equipos, e xogámonos un muy bon posto, con unha recompensa económica en función dos puntos que consigamos ao longo de toda a liga.
- Por último, en canto á relación con outras personas alleas á familia, todo se reduce a videochamadas por Discord ou Skype con compañeiros e amigos, e mesmo con outras partes da familia, que ainda que non é o mesmo que estar con eles físicamente, é unha moi boa forma de manterse en contacto, e limitar en certo modo, a forma na que a cuarentena provocada polo Covid-19 afecta ás nosas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario