ÍNDICE:
A realización do estilo mariposa emprega un batido ou patada de "delfín" coas pernas simultaneamente cara abaixo e cara arriba, é dicir, coas dúas pernas xuntas e á vez, sendo a acción cara abaixo a que proporciona a propulsión.
Por cada acción de brazos realízanse dúas patadas: A primeira patada cara abaixo realízase cando as mans saen da auga (facilita a saída da cabeza e a recuperación de brazos) e a segunda patada cara abaixo prodúcese cando as mans entran na auga (para non perder velocidade).
Outra das características máis rechamantes do estilo mariposa é un movemento ondulatoria do corpo, en forma de " S", dalgún xeito parecido ao nado dos delfines, como resultado da perfecta coordinación entre brazos, pernas e as diferentes posicións do corpo.
Como representación do:
Punto 2, Punto 3 e Punto 6, que corresponden ao movemento de brazos, o de pernas, e á coordinación entre estas respetivamente, penso que o seguinte video pode achegar un bo punto de partida.
A razón de empregar a Michael Phelps é porque, ademáis de considerar que é un dos referentes en canto a este estilo a nivel mundial, estimo que nestas imaxes podemos apreciar tanto a acción de pernas como a acción de brazos de forma clara, así como os momentos nos que executar cada acción, ou o que é o mesmo, a forma de coordinalos.
*Antes de pasar ao meu análise do vídeo, e dos movementos técnicos que considero de interese, recoméndoche ver o seguinte video con atención para facerte unha idea xeral do estilo.*
2. En canto á acción dos brazos:
En canto ao movemento dos brazos, podemos ver claramente as traxectorias que seguen debaixo da auga, así como a lonxitude do recobro, distinguindo claramente os seus pasos durante a execución do estilo.
Do mesmo xeito, facendo unha análise máis pormenorizada, podemos apreciar a amplitude dos brazos ao entrar na auga (aproximadamente á altura dos hombros), así como o proceso da tracción e os movementos dos brazos (cara fóra, cara dentro e cara fóra-atrás).
Movemento dos brazos dende a entrada na auga ata o remate da tracción, fai click aquí!
* Se non quere sair da páxina, pode adiantar o video anterior ata o segundo 10! *
2.1. Análise da tracción en detalle:
Grazas á camara lenta, neste video apreciase con claridade todos os movementos que Phelps realiza debaixo da auga, e en especial o momento da tracción, con todas as variacións que realizan os brazos durante o seu recorrido subacuático.
(Pode apreciarse con claridade os segundos 9 e 38 do vídeo anterior).
2.2. Análise do recobro en detalle:
O impulso que xeran as pernas durante a segunda patada e o impulso dos brazos cara dentro, axudan a que o o peito salga cara a superficie, facilitando que os brazos atopen menor resistencia á auga e poidan regresar ao punto no que comezar a tracción de novo.
Neste caso en concreto, Michael Phelps, cando leva os brazos adiante para o recobro, estes entran na auga con máis apertura que a propia anchura dos hombros, dende onde comeza de novo o proceso de tracción.
(Pode apreciarse con claridade durante os primeiros 9 segundos do vídeo anterior).
3. En canto á acción das pernas:
Podemos ver a execución das dúas patadas claramente, e o debuxo que se crea polas burbullas ao dar a patada tamén nos facilita entender a forza de cada patada para lograr a maior propulsión posible.
Tamén entra en xogo a flexibilidade de cada atleta, en neste caso, con Phelps é evidente que consigue unha propulsión moi eficiente gracias a que arquea completamente o corpo e empuxa dende os abdominales ata a punta dos dedos dos pés.
Para apreciar o movemento das pernas e o momento no que dar cada patada no estilo mariposa, fai click aquí!
* Se non quere sair da páxina, pode adiantar o video anterior ata o segundo 35! *
Na acción de pernas tamén a atopamos no momento no que se realiza a entrada na auga ou despois da viraxe e se impulsan de novo, impulsándose por debaixo da auga coa chamada "patada de delfín", que leva ao extremo o impulso que se xeran a partir da acción das pernas.
4. Coordinación
4.1. Entre a acción de brazos e a de pernas:
A base da coordinación poderíase explicar como unha brazada e patada para respirar, e unha segunda patada para recobrar os brazos e iniciar a nova tracción.4.1. Entre a acción de brazos e a de pernas:
A primeira patada ocorre xunto coa tracción, e cumpre cunha función enfocada principalmente na propulsión.
A segunda patada dase unha vez remata a tracción (cando os brazos saen da auga para recobrar), e os obxectivos son dous:
- Contrarrestar o afundimento da cadeira.
- Facilitar o recobro elevando o peito sobre o nivel da auga: Ben sexa para respirar ou simplemente para volver ao punto no que os brazos comezan de novo a tracción.
Este video amósanos perfectamente cando debemos dar os dous ciclos de patadas en relación coas brazadas de mariposa.
E debido á forma de nadar de este nadador, permitenos unha moi boa análise da coordinación, secuenciando as partes deste estilo dun xeito especialmente visual.
Para ver o momento do video onde mellor se aprecia a coordinación, fai click aquí!
* Se non quere sair da páxina, pode adiantar o video ata o segundo 10! *
4.2. Entre brazos e respiración
Sen entrar en explicación sobre o momento no que respirar, posto que se explica de xeito máis extendido no punto 6, existen varias teorías sobre a coordinación entre a respiración e a acción de brazos, e as máis extendidas son:
4.2. Entre brazos e respiración
Sen entrar en explicación sobre o momento no que respirar, posto que se explica de xeito máis extendido no punto 6, existen varias teorías sobre a coordinación entre a respiración e a acción de brazos, e as máis extendidas son:
- Unha inspiración por cada brazada
- Respiración alternativa (brazada con inspiración /brazada sen respirar)
5. Posición do corpo
No estilo mariposa atopamos que a posición do corpo varía dependendo do momento da técnica, e segue un movemento ondulatorio, que vai en relación co tipo de acción que realizan os brazos e as pernas en cada momento.
Do mesmo xeito, vai estreitamente ligado á coordinación entre ambas accións, pois o corpo moverase a onde o guíe o impulso que provoquen as extremidades.
6. Respiración
Debido en gran medida á complexidade de este estilo, atopar o momento exacto no que sacar a cabeza para tomar aire pode resultar complexo, e como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, con este video, quizáis sexa máis sinxelo entender a forma de tomar aire en este estilo:
Ainda tendo visto o video, son consciente de que ao redor da internet, existen infinidade de consellos para atopar o momento adecuado no que respirar, por iso, de xeito sixelo ,e resumindo o video anterior:
A
inspiración
deberá
ralizarse antes de que as mans saian da auga
|
E
a cabeza deberá baixar de novo antes de que as mans entren na
auga despois de realizar o recobro.
|
7. Webgrafía
Video de phelps: https://youtu.be/jd67PMryIT0
Video de Skills NT (Natacion): https://youtu.be/rEPIpQvgfiQ
Blog Arena: https://blog.arenaswim.com/es/entrenamiento-y-tecnica/tecnica-respiratoria-en-mariposa/
Video de phelps: https://youtu.be/jd67PMryIT0
Video de Skills NT (Natacion): https://youtu.be/rEPIpQvgfiQ
Blog Arena: https://blog.arenaswim.com/es/entrenamiento-y-tecnica/tecnica-respiratoria-en-mariposa/
No hay comentarios:
Publicar un comentario