ESTILO CROL:

ÍNDICE:
1. Introducción ao estilo
2. Acción dos brazos
3. Acción das piernas
4. Posición do corpo
5. Respiración
6. Coordinación
7. Webgrafía
8. Bibliografía


1. Introducción ao estilo:

A palabra crol que coñecemos é unha adaptación da palabra inglesa "Crawl" que significa arrastrar,reptar ou gatear.
Poderíamos definilo como un estilo de natación con unha velocidade media bastante rápida, e que ven marcada pola acción alternativa e constante das pernas e dos brazos do nadador, o que significa unha continuidade na propulsión.
Este estilo deixa relativa liberdade en canto á coordinación, como por exemplo a da respiración respecto ao movemento dos brazos, podendo respirar cada ciclo,cada tres...
Na FINA (Federación Internacional de Natación), non existe como tal os estilo de Crol, senón que se lle chama "estilo libre".
O estilo de crol defínese como unha secuencia de:
- Unha acción completa do brazo dereito 
- Unha acción completa do brazo esquerdo
- Acción alternativa das pernas (un número variable de veces)

2. Acción de brazos:

A brazada de crol dividese en diferentes fases , principalmente a fase de tracción e a de recobro.
A súa vez, a fase de tracción subdivídese (dun xeito coloquial) en:
-Entrada
-Agarre
-Tirón
-Empuxe


Fase de tracción ou impulso
1- Entrada da man:
man dereita entra na auga directamente dende o seu hombro.
brazo entra levemente flexionado e co codo por enriba da man.
A man entra lixeiramente rotada dende a liña do antebrazo, facendo que na entrada á auga a palma mira cara abaixo e fóra do nóso corpo.
Metras ocorre esto o brazo esquerdo está á metade do camiño da súa fase propulsora

Análise do movemento de “Agarre”
2- Agarre 1:
En canto a man dereita entra na auga, o codo debe extenderse completamente.
Comeza a fase da tracción,primeiro dun xeito lento e gradualmente irá aumentando a velocidade sen parar en ningún momento do recorrido, pois non debe esperar a que o outro remate por completo de traccionar.
3- Agarre 2:
A man dereita debe levarse a un ritmo tal que o brazo que o realiza esté a punto de alcanzar unha extensión completa.
4- Agarre 3:
A muñeca está flexionada cara abaixo, fóra e atrás, formando un grado aproximado de 40º.
O brazo esquerdo remata a súa brazada dentro da auga.
5- Agarre 4:
A forza da man dereita ainda non se dirixe suficientemente cara atrás, de xeito que ainda axuda a propulsar o corpo cara adiante.
Análise do movemento de “Tirón”
6- Tirón ou barrido cara abaixo 1:
O codo está a punto de comezar a flexionarse para axudar a que a man se desplace cara abaixo.
A velocidade de esta acción irá aumentando de xeito gradual.
7- Tirón ou barrido cara abaixo 2:
A medida que a mán dereita presiona a auga (cara abaixo), faise máis evidente a flexión do codo.
A mán mantense con forma cóncava, para mellorar a súa forma hidrodinámica.
8- Tirón ou barrido cara abaixo 3:
Ambos codos están flexionados, o dereito en este caso por debaixo da auga, e o esquerdo sale fóra dela.
9- Tirón ou barrido cara dentro 3:
O barrido cara dentro comeza cando a man comeza o punto máis profundo do barrido cara abaixo (cando a man pasa debaixo da cabeza).
O codo do brazo dereito apunta cara a parede da piscina, e en este momento alcanza o máximo grado de flexión o codo (preto dos 90º)e a mán diríxese cara abaixo e atrás.
Análise do movemento de “Empuxe”
10- Empuxe ou barrido cara arriba 1:
Esta é a fase de mayor propulsión da brazada
A mán que tracciona completou a metade da súa tracción,e esta pasa por varias fases en este punto.
Acelera cara dentro, cara arriba e cara atrás, alcanzando o seu punto máximo ao acercarse a man á liña central do corpo.
11- Empuxe ou barrido cara arriba 2:
A mán que tracciona comeza a moverse cara a liña lonxitudinal do corpo, e o brazo comeza a extenderse.
12- Empuxe ou barrido cara arriba 3:
A mán empuxa cara atrás a medida que cambia a dirección e a inclinación da misma cara fóra.
Este percorrido vai dende a altura do peito ata a cintura aproximadamente, onde a mán cambia a orientación cara fóra, arriba e atrás (ata alcanzar a altura do muslo).
13- Empuxe ou barrido cara arriba 4:
A man que tracciona xa non mira completamente cara atrás, mais manten un ángulo aproximado de 45º.
O codo mantense nunha posición alta, o que fai que sexa a primeira parte do brazo en sair fóra da auga.
14- Empuxe ou barrido cara arriba 5:
O brazo dereito rematou a súa tracción, e o codo de ese brazo comeza a sair da auga.

Fase aérea ou de recobro
15- Recobro 1:
O codo emerxe na superficie, movendose cara adiante,metras a man remata co movemento de barrido.
A palma da man mirará cara o corpo antes de salir á superficie.

17- Recobro 3:
O brazo dereito continúa o seu camiño cara adiante. A man comeza a extenderse cando pasa á altura do hombro,preparando a súa entrada na auga.
16- Recobro 2:
O codo avanza cara arriba e adiante, e xunto a el vai o antebrazo e a mán.
Comeza a recuperación do brazo.
O nadador lanza o brazo cara adiante.

18- Recobro 4:
O brazo está a punto de entrar de novo na auga co codo máis alto que a man.
A orden de entrada na auga será dende a man ata o antebrazo (como se quixéramos coller algo de dentro de un furado)


3. Acción de pernas:

Movemento das pernas en crol

1- Os pés están na súa máxima separación. A perna esquerda atópase ao fondo e a dereita na posición superior.
2- A perna esquerda, sen dobrarse a rodilla, inicia a súa subida. A perna dereita inicia o batido cara abaixo, baixando a parte superior da perna e simultaneamente dobrándoa pola rodilla; isto fai que o pé permaneza case na mesma posición que no primeiro paso.
3- A perna esquerda continúa o seu camiño cara arriba, aínda sen flexión da rodilla.
A perna dereita empeza a descender ao ser forzada cara abaixo o seu parte superior.
4- A perna esquerda, aproximándose á cima do seu batido, empeza a flexionarse lixeiramente, mentres que a perna dereita está a piques de terminar o batido cara abaixo.
A rodilla dereito áchase no punto máis profundo do seu percorrido e desde el iniciará a subida, aínda cando o pé dereito continuará descendendo.
5- A parte superior da perna esquerda inicia o seu descenso e o pé esquerdo continúa cara arriba.
A perna dereita áchase ao fondo do batido coa rodilla totalmente estendida.
6- A perna esquerda, co seu xeonllo ao máximo da súa flexión, atópase a piques de iniciar o seu batido cara abaixo.
A perna dereita estirada pola rodilla inicia o seu batido cara arriba.
7- A perna esquerda áchase agora na fase propulsiva do seu batido. A perna dereita continúa a súa recuperación ben estirada. 8- A fase propulsiva da perna esquerda está case enteiramente completada.
A perna dereita mostra unha lixeira flexión da rodilla.
9 - A perna esquerda completa case a súa extensión mentres que a flexión da rodilla dereita aumenta. 10- Os pés atópanse novamente á súa máxima separación e o ciclo de batido vai iniciarse de novo.


4. Posición do corpo:

A aliñación horizontal do corpo:
Consiste nunha posición o suficientemente horizontal ou plana como para que nos permita mover os pés de forma efectiva a unha certa profundidade na auga e a resistencia que ofrece o noso corpo ao auga sexa o máis pequena posible.

A aliñación lateral do corpo:
Son as fluctuaciones que fai o noso corpo como consecuencia do movemento alternativo do noso brazos. Cando o nadador dá unha brazada co brazo dereito o seu corpo tende a irse cara á esquerda e cando o fai co esquerdo o seu corpo vaise cara á dereita.

Posición da cabeza:

A posición da cabeza ten unha transferencia clara na técnica correcta para o nado a crol, e como consecuencia máis ou menos directa, tamén para a velocidade que alcanzamos con este estilo.
Existen diferentes versións, probablemente, tantas como nadadores, pero a que máis se emprega, e polo tanto a máis extendida entre os nadadores ao redor do mundo, é unha posición na que a cabeza mira cara abaixo ,e á vez uns metros adiante, mantendo unha inclinación aproximada de 45º co fondo da piscina.
Esta posición permite que a cabeza, durante o seu avance non rompa a tensión superficial da auga, e si chega a rompela, levar unha posición moito máis hidrodinámica.


Rolido ou rotación do corpo:
É o xiro que se produce a través do eixo lonxitudinal. Este movemento facilita tanto a tracción como a recuperación dos brazos; por tanto é, ou debería ser, unha constante no movemento dos nadadores do crol. Xeralmente os nadadores viran máis cara ao lado que respiran.
As consecuencias de non realizar un correcto xiro do corpo son varias:
- Unha mala aliñación lateral coa consecuente perda de velocidade.
- Unha inadecuada recuperación dos brazos.
- Unha ineficaz respiración ( tómase de forma adecuada o aire).
- Unha tracción tamén insuficiente xa que sería pouco profunda.
- Unha maior resistencia ao avance ao ser maior a superficie en contacto coa auga.

5. Respiración:
Unha das cousas que primeiro se aprende no mundo da natación é a realizar correctamente a respiración, pois sen facer correctamente a respiración, non poderiamos nadar máis que uns poucos metros tragar auga ou cansarnos.
O nadador debe inspirar a través da boca e exhalar a través da boca e o nariz.
Para coordinar a respiración co resto do corpo temos que seguir os seguintes pasos:

1- A cabeza debe virar cara a un lado (sen levantarse) mentres o corpo vira cara a ese mesmo lado.
2- A boca sae á superficie no momento que sae o codo dese mesmo lado para o recobro.(Isto sucede de xeito simultáneo a que o brazo contrario entre na auga).
3- Cando o brazo se dispón a entrar de novo na auga, o corpo vira e por tanto a túa cabeza tamén.
4- A cara estará dentro da auga na súa totalidade coa auga á altura do nacemento do pelo e a vista mirando cara a adiante.

Non é necesario que a boca se sitúe por encima da superficie da auga porque se respira ao "amparo" dunha onda orixinada polo movemento do nadador cara a adiante.
Adestradores de todo o mundo consideran moi recomendable aprender a respirar de forma bilateral co obxectivo de evitar desequilibrios na aliñación lateral, xa que se virará o corpo sobre ambos os lados, e ademais isto favorece a maior propulsión das brazadas, así como o recobro co codo elevado.
Pódese respirar por ambos os lados de diferentes formas, e o máis utilizado é no que se inhala aire cada tres ciclos de brazos. 



6. Coordinación:

Tendo lido os apuntes de i-natación, e despois de intentar resumir este apartado, considero que é un contido moi semellante ás táboas dos puntos anteriores,e polo tanto que resulta repetitivo en un traballo de esta brevidade. É por esta razón pola que busquei na internet novas páxinas que me aclararan o tema para facer un bo resumo, e polo tanto un bo traballo de análise da coordinación na técnica de crol. 
Considero tamén que deste xeito resulta moito máis ameno e interesante a lectura deste traballo, deixando máis claro os conceptos da coordinación para o nado en "estilo libre". 
6.1- Coordinación de brazos - pernas:
Para mellorar a coordinación entre brazos e pernas debes ter claro o número de batidos que vas facer.
En natación úsanse tres tipos de batidos:
  • 2 batidos por ciclo de brazada (distancias longas)
  • 4 batidos por ciclo de brazada
  • 6 batidos por ciclo de brazada (Sprint)
Patada de 6 Tempos: Hai que mover as pernas ao ritmo de 3 patadas/perna por cada ciclo de brazada. A primeira patada vai coordinada coa entrada do brazo oposto. Así que pateas coa dereita, o torso vira cara á esquerda, pateas coa esquerda -van dúas-. A terceira patada volve ser a perna dereita. Daquela a esquerda dá a cuarta. Agora o torso vira á dereita, seguido por unha patada da perna dereita, e finalmente patea a esquerda.

Patada de 4 Tempos: O batido de 4 tempos poderíamos definilo como unha mistura do batido de 2 e o de 6 tempos, é dicir, faise unha coordinación de batido de 2 tempos durante unha brazada, e unha coordinación de 6 tempos durante a seguinte.


Patada de 2 Tempos: Neste patrón volvemos ver simetría. Non custa moito darse conta

que cunha patada rota para un lado e coa outra rota para o outro. Esta é a mellor maneira 
para aforrar enerxía e por iso se usa en distancias longas e nas competencias de tríatlon. A desvantaxe desta patada é que require de moito equilibrio e forza.

6.2- Para explicar a coordinación de brazos e respiración, gustaríame empregar unha definición de Didier Chollet, que entre outras cousas, ao longo da súa carreira, dedicouse ao análisis da coordinación na locomoción acuática:

 “La inspiración se realiza al final del empuje de un brazo, por el lado de éste, y por tanto con una coordinación en oposición en el momento de entrar la mano opuesta en el agua. En efecto, la caja torácica presenta mucha actividad en el momento de inspiración. Como los músculos propulsivos están parcialmente insertados en ella, el nadador no puede tomar apoyo correctamente por encima para traccionar con el brazo. Así, pues, elige un tiempo muerto propulsivo muy corto para situar la respiración.”

 7. Webgrafía:

Apuntes de i-natación: http://www.i-natacion.com/
Acción dos brazos: http://www.i-natacion.com/articulos/tecnica/crol/brazos.html
Acción das pernas: http://www.i-natacion.com/articulos/tecnica/crol/piernas.html
Posición do corpo: http://www.i-natacion.com/articulos/tecnica/crol/posicion.html
Respiración: http://www.i-natacion.com/articulos/tecnica/crol/respiracion.html
                       https://www.nadafacil.co/coordinacion-de-respiracion-en-estilo-libre/
Coordinación de brazos - pernas: https://www.nadafacil.co/nadar-mas-rapido-coordinacion/
Biografía de Chollet Didier: https://www.canal-u.tv/auteurs/chollet_didier

8. Bibliografía:

Natación deportiva, por Didier Chollet.
En este libro podemos atopar moita información referente á natación, e o máis interesante, ao meu parecer é no tema de coordinación de brazos, así como a execución durante o momento da respiración.
Destaco especialmente entre as páxinas 119 e 122, xa que é onde se centra na técnica de crol en concreto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario