ESTILO BRAZA:

1. Introducción ao estilo
O estilo de braza, tamén chamado "braza de peito", é un dos estilos máis populares debido á súa comodidade de desprazamento. Tamén é denominado "estilo rá" pola similitude co nado destes anfibios.
A braza é o primeiro estilo que aprenden moitos nadadores xa que é un estilo tranquilo e agradable. Con todo, é o estilo cuxa técnica costa máis de dominar, porque require unha excelente coordinación de movementos.
A braza é un dos estilos máis difíciles de aprender. Desde o punto de vista técnico, non se parece demasiado aos demais. Nin sequera comparten a orixe da propulsión xa que, no caso da braza provén sobre todo das pernas (70% das pernas e 30% dos brazos).
Trátase do estilo máis lento dos catro xa vistos, debido a que na fase de recobro das pernas, ao preparar a patada, prodúcese unha importante desaceleración do corpo, o que reduce considerablemente a velocidade media por ciclo con respecto aos outros estilos.



Análise pormenorizada do estilo: 
Unha vez introducido brevemente o estilo braza, pasaremos a analizalo con calma, pasando por todo os puntos de interese, e creando pouco a pouco, unha imaxe mental do que consideramos unha boa técnica de este peculiar estilo.
2. En canto á acción dos brazos:

No video anterior observamos con claridade os movementos dos brazos en este estilo, con unha primeira parte na que se obseva á nadadora desde arriba, e posteriormente podemos observar os movementos grazas á visión subacuática.
O movemento das extremidades superiores comeza co corpo en posición horizontal e os brazos estendidos por diante. As mans están xuntas e as palmas apuntan cara fóra nun ángulo de unhos 40º. 
Esto supón o paso á tracción,que comeza cos brazos extendidos e remando coas mans case exclusivamente cara a fóra ata alcanzar a altura do hombro. Deseguido dobranse os codos e rotanse simultaneamente os brazos ata que as mans xa non sigan un desprazamento "circular", senón que viren cara a dentro ata xuntarse baixo o peito. 
Manteñense os codos flexionados durante a fase de recobro, que debe ser subacuática, coas mans pegadas ao corpo para ofrecer a menor resistencia ao avance posible.

3. En canto á acción das pernas:

O movemento das pernas consiste nun batido con ambas extremidades á vez, que se executa despois de aproximar os talóns aos glúteos dobrando as rodillas. Os pés deben apuntar cara fóra durante a patada para poder facer o barrido nesa dirección e despois xuntalos de novo. 
O momento de executar a patada é ao final do ciclo respiratorio.
Creo que este video demostra coa suficiente claridade o movemento das pernas en este estilo, facilitando a asimilación domovemento, e convertindo un xesto técnico complexo, en un paso máis cara unha técnica correcta.

4. Coordinación
Un  bracista que nade correctamente debe respirar en cada  brazada sen perder velocidade, é dicir, a respiración efectuada no momento oportuno, en relación cos brazos e as pernas, permite manter unha velocidade constante. 
É importante respirar sobre a superficie, e elevarse cara arriba e cara a adiante para inspirar, e baixar os ombreiros e a cabeza cara a adiante cando os brazos se extenden para o deslizamento.
En definitiva, poderíamos describir a coordinación correcta como:  brazada - respiración - patada - extensión, pero a continuación faremos unha análise máis detallada
4.1. Entre a acción de brazos e a de pernas:
As pernas recobran durante a tracción dos brazos e efectúan a patada durante a segunda parte do recobro dos brazos, debendo acabalo antes que a patada, para que esta realícese co corpo o máis aliñado posible.
4.2. Entre brazos e respiración
A cabeza inicia a súa elevación ao principio do agarre, sen un movemento activo, seguindo a acción xeral do corpo. 
Alcanza a súa máxima altura ao final do tirón ou inicio do recobro, sendo leste o momento da inspiración. 
Daquela a cabeza diríxese cara a adiante e abaixo para mergullarse. Debe procurarse que a maior parte da cara estará dentro da auga antes de empezar a patada.

5. Posición do corpo

Despóis de buscar en YouTube sobre o estilo, atopei este video,que demostra a posición do corpo a medida que se avanza a través das fases do estilo, e a base para a súa explicación é unha vez máis Michael Phelps.
Resultoume especialmente útil o video, pero o apoyo do audio, ainda cando está en inglés, creo que pode resolver sen ningún problema calquera duda en canto á posición do corpo durante a braza.
*Para introducir este video, copieino cos subtítulos activos, posto que é en inglés, pero sei con seguridade si tras telo publicado se manterán*

6. Respiración

O nadador inspira en cada  brazada cando se eleva a cara claramente por fóra da auga, e no momento en que as mans se levan cara a dentro. Espírase dentro da auga a través da boca e do nariz mentres rematamos de estirar por completo os brazos mantendo a cabeza entre eles e mirando cara abaixo.
A acción de respirar na braza é similar á do estilo mariposa. A cabeza elévase e realízase a inspiración ao final da fase de tracción, cando os brazos están relativamente altos na auga. A cabeza inclínase cara adiante, regresando cara a auga, cando se exténden os brazos de novo, á vez que comeza a producirse a  espiración. Algúns nadadores toman aire mentres miran á fronte e outros miran cara ao fondo.
*Considero imprescindible facer un exercicio de asimilación de esta parte, relacionando o GIF de arriba coa miña descripción da fase de respiración.*

7. Webgrafía:
https://blog.arenaswim.com/es/entrenamiento-y-tecnica/braza-la-clave-esta-en-la-patada/
http://www.i-natacion.com/articulos/modalidades/braza.html
https://profilaktywny.pl/artykuly/styl-klasyczny-6-rzeczy-ktore-powinienes-wiedziec

Traballo realizado por Diego Lamela Garcia

No hay comentarios:

Publicar un comentario