lunes, 20 de abril de 2020

Elementos de la planificación en una programación: cuatro puntos de vista diferentes

1. Compara los objetivos operativos de las planificaciones de Jesús, Anny, Diego y Arturo y elije los que crees que son más cercanos a lo que se expresa en el párrafo azul. Explica por que.
Unha vez comparados os 4 artigos individualmente, e tras poñelos posteriormente nun mismo documento para ver as diferencias con maior detalle, chego á conclusión de que o que a persoa que mellor se adaptou ao que se pedía nos obxectivos operativos é Jesús.
A razón de escollelo a el é entre outras cousas, a claridade coa que explica os obxectivos, dividindo entre a perspectiva dun xogador de campo e a da figura arbitral, que simplifica a asimilación do que se espera de ambos postos.
Á súa vez, a claridade na redacción, seguindo as pautas para o seu correcto enunciado, e o nivel de detalle co que se describen, desgranando as partes do propio xogo e convertíndoas en unidades a atender para acadar o obxectivo final de xogar un torneo de Rugby-Tag.

2. ¿Qué contenidos están mejor enunciados y se corresponden más claramente con los objetivos propuestos? Explica por que.
Na miña opinión, os mellores contidos son os descritos por Arturo.
A razón para escoller os seus é a sensación que me deu ao leelos despois dos outros tres,
que podería describir como a sensación de que estes contidos realmente describen fielmente a base do xogo, e o que se debe dominar ao rematar as sesións para conseguir un grupo competente, non solo para o torneo de Rugby-Tag, senón para que eles mesmos poidan ensinar este deporte aos seus futuros alumnos.
Considero ademáis que ditos contidos son totalmente coherentes cos obxectivos previos, ampliando a información e facendoos aplicables á realidade.
Por todo o mencionado anteriormente, considero que é a persoa que mellor cumple os requerimentos da pregunta, e que polo tanto, xustifica a miña elección.

3. Resalta los aspectos más relevantes de cada uno de los cuatro planteamientos de sesiones.
Jesús:
Ao meu parecer, o máis destacable no planteamento das sesións de Jesús son as explicacións dos periodos entre as sesións que debían ser diseñadas por nós, é dicir, o que debera pasar entre a 1ª e a 5ª sesión, entre a 5ª e a 10ª, asi como a partir da décima.
Esto permite apreciar a evolución ao largo das sesións, e como sigue o principio de progresión ao longo das mesmas.
Anny:
O que considero de maior relevancia no planteamento de Anny é a amplia variedade de propostas e xogos mesmo tradicionaise que consigue adaptar ao Rugby-Tag, o que pon en manifesto que é fundamental a imaxinación para o planteamento das sesións, así como que mediante  xogos, que a priori, non teñen relación, poden acadarse  do mesmo xeito os obxectivos necesarios.
Arturo:
O que máis destaca do planteamento de Arturo é a súa proposta de realizar e estructurar as sesións en unha tabla, o que permite que sea moi visual e sinxelo para entendelo, así como que empregou imaxes como método de apoio, facendo ainda máis visual e ameno a lectura do mesmo.
A consecencia directa do uso de imaxes é o reforzo da explicación dos propios exercicios, permitíndonos imaxinalos con facilidade en unha situación real.
Diego:
Considero que en canto ao planteamento das sesións, realicei un bon traballo, completo, e ainda que unha vez vistas o resto de planteamentos me dera conta de cousas que se puideron mellorar bastante, estou satisfeito.
Na miña opinión, o mais relevante do meu planteamento é a forma na que se pode apreciar o principio de progresión, non solo ao longo das sesións, senón dentro das mesmas, así como o uso de algunhas paradas técnicas nas que reunir ao grupo e dar tempo a asimilar o traballo realizado mentras é aproveitado para transmitir algunha información nova ou a posta en común dunha información que pode ser útil "do grupo para o grupo".

No hay comentarios:

Publicar un comentario