martes, 8 de octubre de 2019

CUESTIONARIO TEMA 1

1. ¿Por cuál o cuales de los motivos citados en el punto 1.1.1. practicas o practicarías un deporte o una actividad física?. Explica el porqué de esta elección 

No meu caso, ao longo da miña vida, a base da práctica de deporte foi evolucionando. Comezou por ocio, para pasar máis tempo cos meus compañeiros e amigos, e de un xeito case parexo, para manterme en forma e con bo estado de saúde.
Co paso do tempo, e cando atopei o deporte no que máis agusto estaba, o factor da competición deseguida chegou para quedarse, e a sensación de poder demostrar a evolución e o resultado dos meus adestramentos fixo que facer deporte fose un novo incentivo para a mellora, e por suposto, o mellor método que coñecía para acadar os obxectivos que me iba planteando.
É dicir, para o meu caso,todas os motivos que se citan no apartado 1.1.1 se adaptan á miña evolución no mundo do deporte.

2. ¿Qué datos estadísticos no concuerdan con tu percepción personal sobre quién, cómo y dónde se practica deporte?

E canto a quén

Vexo normal a evolución da practica do deporte a medida que avanzan as idades,epecialmente en función do tempo libre que ten cada un, e entendo que existen razóns suficientes para dar como consecuencia eses datos.
No único que non concordo é co dato de que o nivel de formación académica influya no número de xente que practica o deporte,xa que non atopo ningún tipo de relación.

En canto a como

Que un 20% das persoas en España practique deporte diariamente pareceme unha cantidade de persoas bastante elevada, pero do mesmo xeito non poido olvidar que todos os días vexo xente practicando deporte, no ximnasio, na piscina, en parques ou mesmo pola rúa, e que a miña perspectiva no é máis que a dun cidadán dunha provincia, de unha das 17 comunidades autónomas que forman España.

En canto a dónde

Como valoración personal, a idea de practicar deporte ao aire libre resultame moito máis agradable que en un espacio cerrado,pero da mesma forma que eu teño esta opinión,outra persoa pode ter outra completamente distinta.
O que máis me chama a atención é que en función do xénero,e segundo a enquisa realizada, as mulleres prefiran adestrar en ximnasio,mentras que os homes prefiren pertencer a clubes deportivos.

3. ¿Cuáles de las tendencias citadas en el punto 1.1.5 observas que se producen en tu entorno y cuales percibes de otra manera? 


Cada día é máis común ver a xente que comeza a practicar un deporte polo gusto de practicar o deporte,e no meu entorno máis próximo, no meu clube de tiro con arco, sorpréndeme cada día máis a xente que aparece nova pola galería e se interesa por practicar un deporte tan pouco común.

Xente desde os 6 anos, ata xente que xa está xubilada e busca adicarlle parte do seu tempo á práctica de algún deporte, sen bucar necesariamente unha mellora física como tal, sen buscar a competición nin compararse con naide máis, simplemente por socializar con xente que disfruta do mesmo deporte e por establecer unha rutina.
Dende que comecei hay xa 8 anos a adestrar, sempre houbo tanto homes como mulleres de todas as idades, e xente que adestraba en distintas quendas de traballo en función do seu ritmo de vida,polo que se cumpliría tanto a reducción da brecha de xénero como a ampliación das franxas horarias

En resumen, cúmplense as seguintes tendencias:
  • Toma de conciencia xeralizada sobre os beneficios da actividad física na saúde que conleva un incremento da práctica
  • Práctica deportiva asociada a un estilo de vida saudable fronte á consideración tradicional (competición, superación personal…)
  • Aumento de la práctica regular frente a la esporádica.
  • Incremento considerable en adultos, mayores y muy mayores
  • Aumento de equipamientos y ampliación de franjas horarias
  • Reducción de la brecha de género
  • Aumento da multimodalidade
  • Xeralización entre os máis novos

4. Pon un ejemplo que conozcas de dos de los perfiles de las personas usuarias y explica cómo es su actividad física.

No meu caso, os perfiles que escollín son os de xuventude e idade adulta.
Xuventude: 
Para este caso, a persoa da que falarei será de un amigo de barcelona, ten agora 12 anos e practica baloncesto no equipo Joventut de Badalona.
Adestra cos seus compañeiros dous días á semana ademáis de xogar os partidos como é lóxico.
Idade adulta: 
A primeira persoa na que pensei para este exemplo foi o meu pai, polo que falarei del.
A día de hoxe, ten 52 anos, un traballo regulado por unha serie de ciclos e turnos, dous fillos xa maiores de idade, e unha rutina deportiva claramente definida.
Fai exercicio todos os días que pode. Vai ao ximnasio polas mañás, porque é cando ten máis tempo libre polo xeral, e alí fai tanto bicicleta estática como diferentes exercicios nas máquinas. Os fins de semana, ao non estar en lugo (onde ten o ximnasio) e en función das condicións meteorolóxicas, sae a camiñar ou na bicicleta.
Fai exercicio porque o fai sentirse ben, e porque considera que é unha boa forma de comezar o día.

5. ¿En cuál de las diversa funciones y entornos del profesional de la actividad física citados en el punto 1.2.2. te encontrarías más a gusto desarrollando tu labor profesional? Explica por qué.

Creo que onde máis cómdo estaría sería na dinamización de actividades, e dos entornos citados gustaríame traballar en adestramento de alto nivel, porque entendo que as persoas que solicitan ese tipo de servizos teñen o compromiso de traballar e seguir os consellos do seu adestrador.
E grazas a xente que adestra a un nivel moi alto, asumo que eu mesmo crecería profesionalmente, o que me abriría moitas portas de cara a un posible futuro en outro entorno.

6. ¿Qué harías para conseguir que tus deportistas respetaran a los jueces o árbitros?

Fomentar o respeto por a figura do árbitro dende as categorías máis baixas, e inculcar nos máis novos a importancia da figura que regula o deporte que están a practicar.
Para os máis maiores, o primeiro paso creo que é o de cambiar a imáxe que se ten dos árbitros, pois o máis probable é que pensen nos árbitros de fútbol, e que, xa que se acostuma a ver infinidade de críticas cara eles sen ningún tipo de castigo, no deporte que practiquen será igual.
A imaxe que deberemos lograr será a de unha figura indispensable para o correcto funcionamento da actividade deportiva. Alguén que coñece ben o deporte, e que decidirá en unha situación de dúbida según crea conveniente en base aos seus coñecementos.
O papel do deportista é o de aceptar as decisións do xuiz/árbitro, ben sexa favorable ou desfavorable.

7. Cuenta algún caso real de la relación de una familia con el entorno deportivo de los hijos.


No caso do compañeiro "A", salía da liña de tiro e inmediatamente miraban ás gradas en busca da aceptación da súa familia. É dicir,estaba máis preocupado porque os séus familiares viran que podía conseguir un bo resultado, que pola satisfacción persoal de facelo para si mesmo. O único resultado foi que deixo de competir, e en moi pouco tempo tamén deixou de adestrar tamén.

No caso do compañeiro "B", tamén salía da liña de tiro e inmediatamente miraba ao seu pai, co medo por facelo mal e non quedar en primeira posición, pois para o seu pai, o seu fillo tiña que ser o mellor en todo,e non aceptaba que naide fose mellor ca el, presionando ao seu filllo ata o nivel de deixar de practicar o deporte por evitar a presión que estaa a recibir.
Por último,e sen falar de ningún caso en concreto, as gradas durante un partido de fútbol, practicamente a calquera nivel, e dende nenos a adultos, están plagadas de insultos aos rivales, ao adestrador e mesmo aos árbitros,pois semella ser imposible outorgarlle o recoñecemento ao rival ou á función dos árbitros.

8. Cuál crees que es la importancia de alguna de las distintas instituciones de la administración (Ayuntamiento, Diputación y Xunta de Galicia) en la actividad física de tu entorno? 

Supoño que teñen gran importancia ao crear espazos como as piscinas municipáis, pabillóns onde traballar os contidos das nósas clases, espazos como as pistas de atletismo...
Creo que é importante chegar a cubrir as necesidades que plantexan os distintos organismos, e satisfacer a demanda de recursos, no meu caso, e na actualidade instalacións deportivas.

            No hay comentarios:

            Publicar un comentario